Blogia

3º CICLO EDUCACIÓN PRIMARIA

Recursos Educativos para o Terceiro Ciclo

Recursos Educativos para o Terceiro Ciclo

O obxectivo principal deste blog é facilitar o acceso e o uso de diferentes páxinas e programas que poidan reforzar e potenciar a aprendizaxe do noso alumnado.

Moitas veces perdemos moito tempo na búsqueda dentro da internet sen conseguir resultados, polo que consideramos que este recurso era necesario para facilitar este traballo tanto aos pais e as nais como aos mestres.

Por iso trátase dun recurso aberto a modificacións, a opinións e, por suposto, a novos accesos que busquen a consecución do noso principal obxectivo. Os recursos intentarán ser o máis variados posibles para que poidan traballarse en tódalas materias, e por suposto intentarán ser o máis axeitado para as características do alumnado ante o que esteamos.

MATEMÁTICAS

- Actividades de Repaso - Dende operacións básicas ata ecuacións.

- Problemas - Problemas sinxelos e novidosos para que os nosos alumnos "rompan a testa".

- Euros - Cálculo con moedas e porcentaxes. Poden ser un pouco complicados pero traballamos con facturas e con porcentaxes reais.


LINGUA CASTELÁ

- Ortografía - Explicación breve e sinxela da teoría e exercicios prácticos para a súa aprendizaxe.

- Lingua castelá 5º Educación Primaria - Aplicación clic con moitas actividades dirixidas ao asentamento dos contidos deste curso. Simplemente tedes que guardar o programa e executalo.

- Lingua castelá 6º Educación Primaria - Aplicación clic con moitas actividades. Hai que gardar o programa e executalo.


COÑECEMENTO DO MEDIO

- Corpo humano - Trátase dunha aplicación interactiva onde se traballa tanto a parte teórica como práctica cun grande apoio visual. Pódelo traballar tanto en castelán como en inglés.

- Mapas - Podes traballar a xeografía a través destes mapas interactivos, tanto estatal como mundial.

- Varios - Páxina onde podes traballar a teoría sobre os seres vivos, o ciclo do auga, os volcáns... ademais hai moitos xogos onde aprender e practicar.

- Desenterrando o Pasado - A través dunha aprendizaxe interactiva, podes descubrir os nosos antecesores e traballar coma un auténtico arqueólogo.


MÚSICA

- Educalandia - Dentro podes atopar numerosas actividades adicadas a cada ciclo, entre as que hai moitas adicadas á música.

- O Rincón da Música - Ondes tedes dende explicacións teóricas ata actividades prácticas e audicións.

- Música - Nesta páxina hai moitos enlaces onde podemos traballar dende a percepción auditiva ata a danza e o movemento.

 

 

 

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres